FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) é unha organización non gubernamental, sociovoluntaria e sen ánimo de lucro, creada en 1979, que xurdiu con persoalidade xurídica propia, como resultado da unión de 6 asociacións de pais que prestaban servizos a persoas con discapacidade intelectual. Desenvolve as súas actividades en todo o ámbito autonómico nos campos de, información e asesoramento, formación, emprego, apoio familiar, apoio individualizado a PCDI, ocio, deporte e tempo de lecer, a través de numerosos programas e servizos ofrecidos dende as diferentes áreas da federación.
Actualmente son 41 as asociacións membros de FADEMGA FEAPS GALICIA
Vía Pasteur, 53-A. Polígono Industrial do Tambre
15890 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981519650
Fax: 981519651
administracionfademga.org
Ver máis redes coas que colabora a entidade