16/03/10
Obradoiro de recursos para inmigrantes
A Unidade de Atención ás Migracións (UAMI) do concello de Santiago organiza un OBRADOIRO DE RECURSOS PARA INMIGRANTES, co que se pretende achegar á poboación inmigrante aqueles recursos e actividades cos que conta o concello de Santiago e que lle poden resultar especialmente interesantes para unha mellor integración e adaptación a súa nova cidade.
Datas: Do 23 ao 26 de marzo, de 16:30 a 18:00 h
Lugar de impartición: Centro Sociocultural de Conxo.
Programación:
Martes 23 marzo:
Presentación UAMI. Programas e actividades.
Sanidade
Mércores 24 marzo:
Emprego
Xoves 25 de marzo:
Vivenda
Venres 26 de marzo:
Educación
Ocio e tempo libre.
Para os asistentes con menores a cargo haberá servicio de ludoteca.