Novas

14/06/13

PROXECTO TRÓCAME-ROQUE

Lembrar que hoxe, ás 16:30 horas, en Area Central, rapazas e rapaces, acompañados de profesionais pertencentes ás distintas entidades sociais, educativas e sanitaria do barrio de Fontiñas, celebrarán un "mercadiño solidario".

Ao redor do mercadiño celebráranse outras actividades de animación, para fomentar a participación e reforzar os espazos de convivencia, transmitindo os valores de solidariedade e de igualdade. “Dende o ocio, compártese o tempo, favorécese a convivencia”. As actividades programadas para ese día son as seguintes:

* Actividade inaugural, ás 16:30 horas: coa actuación musical do coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas.

* Desenvolvemento de diversos obradoiros, en simultáneo co mercadiño; de 17 a 19 horas. Os obradoiros previstos son:
1.- Xogos de grupo, obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeneracional por Cruz Vermella.
2.- Actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Información á Muller do Concello de Santiago de Compostela: Decoración de bolsas con temática de "Bolsas polo Troco".
3.- Obradoiro de Breakdance, dentro do Programa de Prevención da UMAD:

* Pecharase a xornada, ás 19 horas, cunha exhibición de Breakdance. Será unha mostra de baile por parte dos integrantes da Asociación Vella Escola e os alumnos da Escola Municipal de Breakdance.

Tamén se porá “unha mesa informativa” para que as persoas que se acheguen á mesma poidan coñecer ás distintas entidades (sociais, educativas e sanitaria) que traballan na zona, que labor están levando a cabo e a quen dirixirse en caso de necesidade.

Durante a xornada proxectaranse diferentes vídeos que amosan as actividades realizadas no barrio de Fontiñas.

Esperamos vernos ao longo da xornada.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)