Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
13/05/13

Axudas para a obtención do permiso de conducir

No DOG do luns 13 de maio publícase a orde do 6 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos.

Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos seguintes:

a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.

b) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.

c) Teñan a súa residencia en Galicia.

d) Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir.

e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos recollidos na orde de convocatoria.

f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.



Prazo de presentación de solicitudes: 14 de maio - 1 de outubro de 2013

Para maior información, consultar o documento que se achega.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)