Novas

Fundación Secretariado Xitano
07/05/13

CHARLA SOBRE O POBO XITANO

o Museo das Peregrinacións en de Santiago, acollerá o martes 14 de maio a charla Quienes somos los Rroma?
Sebastián Porras Soto e Manuel Cortés Muñoz, falarán sobre a orixe do pobo xitano, a situación da súa lingua, os seus símbolos, os fitos máis relevantes na historia da súa presenza na Península Ibérica, os roles de xénero e idade así como da importancia da relixión. Irene Jiménez Cortiñas, centrará a súa intervención na situación do pobo xitano en Galicia na actualidade e as súas perspectivas de futuro, así como sobre ferramentas de intervención e integración desta entidade con especial referencia á loita contra os prexuízos.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)