Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
24/04/13

CONVOCATORIA PROBAS COMPETENCIAS CLAVE

No DOG do venres 19 de abril publicase a Resolución do 10 de abril de 2013 da Dirección Xeral de Emprego e Formación , pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse probas do nivel 2 e 3 nas seguintes competencias:
- Comunicación en lingua galega
- Comunicación en lingua castelá
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
- Competencia matemática
- Competencias en ciencia
- Competencia en tecnoloxía
- Competencia dixital

Prazo para presentar as solicitudes: ata o 3 de maio (modelo solicitude anexo I)

Realización das probas: No recinto feiral de Silleda os días 22 de xuño (nivel 2) e 23 de xuño (nivel 3) (horario das probas anexo II)

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)