Novas

Proxecto de apoio ao sector asociativo
03/04/13

Obradoiro de Técnicas de apoio psicolóxico en enfermidade reumatolóxica

Enma Mayo será a psicóloga encargada de impartir este obradoiro, co que se pretende mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, e cidadanía en xeral; proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar, e fomentar a autonomía de todos os membros da familia.
No obradoiro traballarase sobre os seguintes temas:
•Definición e clasificación.
•Síntomas.
•Evolución e tratamento.
•Pautas de apoio emocional en síntomas psicolóxicos.
•Autocoidados e coidado do coidador.
Lugar: Hospital Clínico Universitario de Santiago, Aula 4D. Bloque D. Piso 1º.
Data: 10 de abril de 2013 de 17:00 a 20:00

Máis información en:
http://artrite-santiago.blogspot.com.es/2013/04/obradoiro-de-tecnicas-de-apoio.html

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)