02/04/13
CURSO “A TERAPIA OCUPACIONAL E A FISIOTERAPIA NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER"PARA PROFESIONAIS DO ÁMBITO SANITARIO
AGADEA organiza un curso sobre “A terapia ocupacional e a fisioterapia na enfermidade de Alzheimer” no Concello de Santiago de Compostela.
Este curso esta declarado de "INTERÉS SANITARIO" pola Xunta de Galicia.
Está acción formativa está dirixida a profesionais sociosanitarios que traballan con persoas con demencia con interese en adquirir coñecementos e técnicas de aplicación básicas para proporcionar un coidado máis completo a enfermos de Alzheimer e/ou a persoas en periodo de senectude con patoloxías crónicas invalidantes.
LUGAR: Sede Social AGADEA, R/ Salgueiriños de Abaixo,15 ( Cancelas- Mallou)
DATAS: O curso levarase a cabo do 6 de Abril ao 25 Maio de 2013, e celebrarase os sábados en horario de 10h a 14h ( 8 sábados).
DURACIÓN: Terá unha duración Total de 32 horas.
CUSTO: O custo de curso sera dun total de 40 € por asistente.
PARA INSCRIBIRSE NO CURSO CHAMAR AO:981 59 57 38 OU A TRAVÉS DO E-MAIL: AGADEA@AGADEA.ORG
Máis información en:
http://agadea.org/curso-terapia-ocupacional-e-fisioterapia-na-enfermidade-de-alzheimerpara-profesionais-do-ambito-sani