01/04/13
Curso especializado en voluntariado, discapacidade, xénero e violencia.
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) abre o prazo de inscrición para o curso especializado en voluntariado, discapacidade, xénero e violencia, unha acción formativa que se vai impartir os días 5, 6 e 20 de abril.
Dirixido ás persoas interesadas en facerse voluntarias, sobre todo en discapacidade e no acompañamento e apoio a mulleres con discapacidade, o curso é gratuíto e vai constar de 20 horas de clases.
A formación está enmarcada dentro do programa Violencia, Tolerancia cero que financia La Caixa en colaboración con COCEMFE e que ACADAR imparte na comunidade galega. Os contidos que se van tratar están enmarcados en módulos como:
MÓDULO 0: INTRODUCCIÓN: Presentación da Entidade. O asociacionismo.
MÓDULO 1: CONCEPTO DE VOLUNTARIADO: Dereitos e deberes.
MÓDULO 2: CONCEPTO DE INTERSECCIONALIDADE. DISCAPACIDADE E XÉNERO: Nocións básicas, modelos ou enfoques da discapacidade.
MÓDULO 3: VOLUNTARIADO NO EIDO DA DISCAPACIDADE: Acompañamento e apoio ás persoas con discapacidade.
MÓDULO 4: VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES: Formas e manifestacións da violencia nas mulleres con discapacidade.
Horario: venres de 16h a 20h e sábados de 10h a 14h e 16 a 20h
Lugar: R/ Dublín nº3, Baixos.
Inscrición: é de balde e pode realizarse en:
teléfono 674 073 092 ou 981 574 698 (preguntar por Hadriana Ordóñez ou Cristina Taboada)
correo electrónico info@acadar.org achegando a ficha que achegamos.