01/04/13
PRESTACION ECONOMICA PAGO UNICO MENORES DE 3 ANOS
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos (Xunta de Galicia).
Persoas beneficiarias:
• Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2011 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
• Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
• Os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que cumpran as condicións da Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE número 10, do 12/01/2000) e os requisitos establecidos na presente norma e tiveran a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.
Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.
Documentación:
• Solicitude e anexos.
• Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
• Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
• Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
• Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
• Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo II)
Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2012 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.
As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:
• En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
• No caso de parellas de feito, certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
• En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.
Prazo de presentación:
40 día naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da orde. Ata o 11 de maio de 2013
Para mais información:
• Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
• UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.)
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2013.
Documentación relacionada