26/03/13
PUBLICACIÓN DO LIBRO: UNA HERMANITA NACIDA EN EL CORAZÓN
HOXE SAE Á VENDA O LIBRO "UNA HERMANITA NACIDA EN EL CORAZÓN".
Trátase dunha incursión de Teófilo Edicións no ámbito da literatura infantil, dun pequeno conto que reflicte a sensibilidade e tenra experiencia dunha nena diante da adopción dunha irmán, de orixe vietnamita, por parte dos seus pais. A publicación destinada aos máis pequenos da casa -a partir de seis anos- inclúe unhas coloristas ilustracións de dous recoñecidos pintores e ilustradores: o mexicano Augusto Metzli, e a arousana Marta Rial Vázquez, "Marthazul". Estamos diante dunha entrañable obra escrita pola compostelán Mª José Castro Gigirey, coñecida pola súa dedicación a causas solidarias entre as que destaca a súa labor na Fundación Andrea e na campaña "Juntos Podemos", asociacións ás que decidiu destinar os dereitos de autor da súa obra. Ademáis da autora, tanto "Gráficas Garabal", que imprimiu o libro, como "Torraspapel" que aportou o material, a encadernadora "Grafoplas", e a propia editorial Teófilo Edicións tamén se sumaron a esta boa causa, e decidiron ceder parte dos seus respectivos ingresos pola realización deste conto ás mencionadas asociacións composteláns.
O libro podese mercar por un precio de 20 € (gastos de envío engadidos) na propia páxina web de Teófilo Edicións.
www.teofiloedicions.com