25/03/13
PROXIMA FORMACIÓN CAPACITACION PROGRAMA INTERLABORA
No mes de maio está previsto realizarse a seguinte formación de capacitación encadrada no programa de emprego Interlabora:
AXUDANTE/A PARA PRODUCTOS FRESCOS PARA SUPERMERCADOS.
Dirixida a aprender os postos de axudante/a de carnicería, axudante/a de pescadería e axudante/a de panadería.
Destinado a inmigrantes extracomunitarios/as con permiso de traballo e residencia en vigor. Imprescindible ter disponibilidade horaria.
MONITOR/A COMEDOR ESCOLAR
Destinado a inmigrantes extracomunitarios/as con permiso de traballo e residencia en vigor.
As persoas interesadas deberán solicitar unha cita na Asamblea Comarcal de Cruz Vermella Santiago de Compostela (Avda. Lugo s/n)