Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
19/03/13

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR PARA COIDADORES DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre o PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR PARA COIDADORES DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA (Xunta de Galicia).

Poderán participar neste programa, as persoas maiores de 16 anos con recoñecemento de discapacidade ou de dependencia (grao II ou III) e aqueloutras que, non podendo acreditar os requisitos anteriores, requiran da atención dun coidador, á vista do informe médico e social que acompañan, e que ademais cumpran as seguintes condicións:
• Ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Non estar afectado por enfermidade en estado agudo nin se atopen en fase terminal.
• Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa, trastornos mentais ou condutuais graves e non compensados que poidan alterar a convivencia.
• Efectuar a oportuna solicitude e o pagamento do prezo estipulado nas condicións que se lle indiquen.

Duración das estadias:
Modalidade de estadías quincenais
Modalidade de estadías de fin de semana

O importe a pagar polas persoas beneficiarias aboarase, polo menos con 5 días de antelación ao comezo da estadía, directamente á entidade ou centro no que se vai recibir o servizo ou no número da conta bancaria que se lle indique ao efecto.

Prazo:
A solicitude presentarase con un mes de antelación á data para a que se solicita a quenda, agás situacións de emerxencia sobrevidas (enfermidade, accidente do coidador ou similares) e debidamente xustificadas.

Para mais información:

Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
Unidade de Traballo Social do centro de saúde de referencia. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa.


Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2013.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)