Novas

Proxecto de apoio ao sector asociativo
19/03/13

O 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down

O vindeiro xoves, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down. A Federación Down Galicia organiza, coincidindo coa data, un acto en Santiago de Compostela. Con este evento queren aproveitar para darlle voz ao colectivo galego de persoas con síndrome de Down e amosar as súas capacidades e logros.

A cita está fixada ás 18:00 hh. no Auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Os actos incluirán a lectura do Manifesto pola autonomía das persoas coa síndrome de Down, que estará presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e unha pequena maratón de lectura inclusiva, que contará coa presenza do Valedor do Pobo e dos escritores Xosé Neira Vilas e Rosalía Morlán.

A Federación Down Galicia convida a acudir e participar da conmemoración

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)