Novas

UTS ENSANCHE
21/02/13

ADXUDICACION DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTIS 0 - 3

Regulado o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2013/14.

Requisitos para ser adxudicataria/o de prazas:
a. Que a/o nena/o teña a súa residencia en Galicia e que xa nacese no momento de presentación da solicitude.
b. Idade da/o nena/o:
o Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.
o Non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2013.
c. Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

Lugar de presentación:
• Poderá presentarse en formato electrónico a través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
• Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
• Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Prazo de presentación:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde. Ata o 20 de marzo de 2013

Para mais información poden acudir ao Servizo de Primeira Atención (Centro Municipal de Servizos Sociais, rúa Isaac Díaz pardo, nº 2-4), solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.

Tamén poden ampliar a información no teléfono social 900 333 666.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2013.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)