07/01/13
Diversión acuática para persoas con discapacidade
AMICO está a organizar un novo programa de actividades acuáticas para persoas con discapacidade de Santiago e concellos limítrofes que desexen asociarse, co fin de facilitar o acceso a piscina terapéutica en Roxos e contando con persoal de apoio dous venres alternos ao mes, en horario de 16:30 a 17:30 horas.
A iniciativa enmárcase tras o éxito que se está a ter co programa de natación terapéutica que xestiona a entidade, grazas ao apoio financeiro de COGAMI e a Fundación Iberdrola. Dito programa consta de dúas xornadas mensuais de natación con persoal de apoio ata o mes de xuño.
As persoas participantes desexan incrementar as sesións polo que AMICO prevé completar un novo grupo que asistirá o resto de venres do mes. Aquelas persoas que desexen informarse e apuntarse neste novo programa acuático, terán que poñerse en contacto coa asociación.