Novas

Cruz Vermella
03/01/13

Proxecto de emprego Interlabora- Cruz Vermella Santiago de Compostela

O plan de emprego de Cruz Vermella Santiago de Compostela dende o 2008 leva traballando na mellora da empregabilidade das persoas inmigrantes extracomunitarias con permiso de traballo e residencia a través do Proxecto Interlabora, subvencionado polo Fondo Social Europeo. A metodoloxía de traballo do proxecto é o diseño e desenvolvemento de Itinerarios Persoalizados de Inserción. Entre as súas medidas atópase a Orientación Laboral, as actividades formativas (prelaborais ou de capacitación) e a intermediación laboral.
No 2012 traballouse con 110 persoas inmigrantes extracomunitarias e conseguiuse unha tasa de inserción do 45,45%.
Para o 2013 incrementaremos as accións formativas de capacitación con prácticas non laborais nos sectores de hostelería, comercio (tendas e supermercados), limpeza, atención a persoas maiores.
Se queres participar no proxecto Interlabora só tes que inscribirte no Plan de Emprego de Cruz Vermella Santiago de Compostela (Avda. Lugo s/n Santiago de Compostela)

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)