Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
19/12/12

Accións formativas: PROXECTO PERSOA V

A Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, no marco do Pacto Social polo Emprego, publica as bases e regulamento do Proxecto "PERSOA V", cofinanciado polo F.S.E. a través do Ministerio de Administracións Públicas e o Concello de Santiago.

O proxecto Persoa ten como finalidade promover a integración laboral de persoas en situación de desemprego, a través da súa participación nun proceso integrado de inserción (formación, práctica en empresas e apoio a colocación), en ocupacións encadradas como novos xacementos de emprego.

Nesta primeira fase, ofértanse tres especialidades formativas:
- Especialista nos servizos de coidados a persoas dependentes no domicilio e en institucións sociais
- Especialista na resolución de conflictos socioeducativos
- Especialista en servizos xerais de mantemento e limpeza

O prazo de inscrición finaliza o día 11 de xaneiro de 2013

Ver nos documentos adxuntos as bases de convocatoria e o impreso de solicitude.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)