14/12/12
Accións formativas: "Conduce-t ao emprego"
Dende hoxe está aberto o prazo de inscrición para participar nunha serie de accións formativas encadradas no programa "Conduce-t ao emprego", organizado pola Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago no marco do Pacto Local polo Emprego, co obxectivo de mellorar as posibilidades de inserción no mercado laboral.
As accións formativas están dirixidas a persoas desempregadas e son as seguintes:
- O vídeo currículum
- A entrevista de traballo: o adestramento
- O optimismo, valor engadido no curriculum vitae
- Autoavaliación e estratexias para mellorar a ocupabilidade
- Fagamos seguemento do teu proceso de busca de emprego
- Qué buscan as empresas?
- Actitude positiva cara a busca de emprego
Estas accións formativas, que se desenvoverán neste mes de decembro, teñen un número de prazas limitado.
Para máis información e inscricións, consultar na páxina www.axencialocaldecolocacion.org