27/11/12
PUBLICACIÓN PROGRAMA MELLORA
A revista de NOVA ESCOLA GALEGA, Revista Galega de Educación acaba de publicar un artigo de investigación sobre o programa MELLORA creado e desenvolto no IES Antonio Fraguas por Andrea Valcárcel e Lola Sanz.
Neste monográfico adicado á educación emocional e titulado Construíndo os afectos desde a escola abórdanse diversos aspectos e experiencias sobre este tema.
O artigo sobre o Mellora analiza brevemnte o traballo desenvolvido no IES ó longo de tres cursos e reflicte o interese da comunidade educativa nestes ámbitos.