25/11/12
Programa XUNTOS POLO NADAL
A Secretaria Xeral de Politica Social convoca o programa XUNTOS POLO NADAL na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e na de Panxón en Nigrán (Pontevedra) para que aquelas persoas maiores que se atopen soas no Nadal, poidan pasar estas datas acompañadas doutras que se atopan na mesma situación.
O programa contempla o aloxamento en réxime de pensión completa durante 10 dias que computan dende o dia 23 de decembro pola mañan ata o dia 1 de xaneiro despois do xantar. Haberá servizo de transporte gratuito.
Requisitos para as persoas participantes:
· Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista.
· Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
· Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
· Non estar acollido en ningún centro residencial.
· Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
· Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
Nota: Os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM ( 532,51€) asistirán de forma gratuita ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de decembro
Mais información: UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios, ubicada no Centro Sociocultural das Fontiñas, tfno 981-528750), no Departamento de Traballo Social do Centro de Saúde de Fontiñas, no Centro Municipal de Servizos Sociais (sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4; tfno 981-542465) e no teléfono social 900 333 666.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2012.[[/u]
Documentación relacionada