21/11/12
CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DE DEREITOS D@ NEN@
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, presentou este luns os actos conmemorativos do Día Internacional dos Dereitos d@ Nen@.
Ditos actos comezaron onte, martes 20 de novembro, ca celebración dun Pleno infantil no que participaron nenos e nenas do CEIP López Ferreiro. A intención do Departamento é que vaian pasando por este Pleno, cada ano, os diferentes centros escolares do municipio.
Coa mesma idea de facer visible este Día Internacional dos Dereitos d@ Nen@, este sábado 24 de novembro haberá unha xornada de actividades no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en San Lázaro. Un dos eventos previstos é unha representación teatral a cargo de A Tropa de Trapo, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Nesta sesión, de balde, os 500 primeiros asistentes poderán presenciar a obra "Antía, Wamba e o regato pequeno".
Xa dende as 16:00 horas e ata as 19:30 horas, desenvolveranse talleres para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de contos e pulseiras e chapas, maquillaxe, artesanía, manualidades e contacontos, entre outros. Nese mesmo horario estarán instalados os inchables e os rapaces poderán participar no xogo da busca do tesouro. Os dereitos d@s nen@s serán o fío conductor de todas estas actividades, incorporándose de xeito transversal nas mesmas.
Durante a tarde, diversas entidades e asociacións de iniciativa social relacionadas cos dereitos d@s nen@s terán instaladas no Palacio mesas informativas. Está confirmada a presenza de Cruz Vermella, Unicef, Red Madre, Manaia, Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos e Fundación Meniños.
Esta iniciativa está incluída no proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER