08/11/12
PROXECTO DE TELEXERONTOLOXIA PARA PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS
No día de hoxe, no Centro Sociocultural das Fontiñas, o grupo de investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña realizaron unha demostración práctica do funcionamento do dispositivo pioneiro de teleasistencia avanzada denominado Telexerontoloxia. Asistiron os concelleiros de Benestar Social, Paula Prado, e Centros Socioculturais, Francisco Noya, así como o director do grupo de investigación e catedrático en Xerontoloxía Clínico e Social na UDC, José Carlos Millán Calenti.
O programa tivo boa acollida no barrio, tanto coa cidadanía como con outros profesionais vinculados ao proxecto de de desenvolvemento comunitario de Fontiñas.
Incorpóranse imaxes do acto como documentos adxuntos.
Documentación relacionada