Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
05/11/12

PROXECTO DE TELEXERONTOLOXIA PARA PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS.

Dende a UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios) infórmase da próxima implementación do proxecto de TELEXERONTOLOXÍA, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

A Telexerontoloxía enmárcase na oferta de prestación de servizos dentro do proxecto “0552_Envellecemento+Activo_1_E”, como un recurso de teleasistencia avanzada.

Trátase dunha experiencia implementada polo Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade de A Coruña, que vai consistir na instalación dun terminal no Centro Sociocultural das Fontiñas, que prestará un conxunto de atencións, levadas a cabo telemáticamente. As aplicacións que estarán ao servizo da cidadanía son:
a) Contidos estáticos: información de interese sobre cuestións sanitarias, temas relacionados coa alimentación e o exercicio físico, recursos sociosanitarios, etc.
b) Contidos multimedia: vídeos relacionados co envellecemento activo, estimulación cognitiva, exercicios físicos para mellorar a axilidade e o estado de saúde, etc.
c) Videoconferencia: servizo a través do cal a persoa usuaria pode realizar consultas sociosanitarias con técnicos especializados na materia.
d) Telecognitio: programa de entrenamento da memoria, con tres niveis de complexidade, que require dun uso de tres días á semana, con sesións de 20 minutos/día.

Hai unha previsión inicial de que poidan utilizar este servizo, de xeito regular, 25 persoas maiores de 65 anos, con autonomía para o desenvolvemento das actividades básicas e instrumentais da vida diaria.

Por todo isto, calquera persoa que esté interesada en participar no proxecto debe acudir á UTS Fontiñas e/ou ao Centro Sociocultural de Fontiñas a inscribirse, sendo necesario que para isto aporte unha fotografía tamén carné.

Mais información: UTS Fontiñas (Servizos Sociais). Centro Sociocultural das Fontiñas. Rúa Berlín, nº 13. Tfno 981528750

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)