Novas

IES Antonio Fraguas Fraguas
25/09/12

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE INTERVENCIÓN COMUNITARIA EN MATERIA DE ABSENTISMO ESCOLAR

O pasado 21 de setembro, tivo lugar no IES Antonio Fraguas, ás 11:00 horas a presentación da publicación titulada “Proxecto de intervención comunitaria en materia de absentismo escolar do barrio de Fontiñas”. Estiveron presentes a Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Dona Paula Prado e a Concelleira de Educación, Rebeca Domínguez e Don Mario Díaz Pulido, Director do IES.

A publicación é un traballo conxunto elaborado por Lola Sanz (orientadora do IES), Eva González e Chus Viqueira (Servizos Sociais. UTS de Fontiñas) coa colaboración de Santiago López e Xabier Salgado (CEIP de Fontiñas)

O deseño das portadas é da profesora do IES, Marisa Calderón.

A asistencia ó acto de presentación foi moi concurrida contando coa presenza de numerosos compañeiros do IES e das diferentes entidades do barrio

Galería de fotos no documento que se xunta

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)