18/09/12
PRESENTACION DO PROXECTO DE INTERVENCION COMUNITARIA EN ABSENTISMO ESCOLAR
O vindeiro 21 de setembro, a Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Dona Paula Prado, presentará o “Proxecto de intervención comunitaria en materia de absentismo escolar do barrio de Fontiñas”. O acto terá lugar, ás 11:00 horas, no IES Antonio Fraguas.
O proxecto foi elaborado por diversos técnicos que están a traballar na zona: a orientadora do mencionado centro de secundaria, docentes do CEIP Fontiñas e traballadoras sociais da UTS Fontiñas (pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios).
O documento reflexa o traballo en rede de servizos do barrio para a prevención e a reducción do absentismo escolar, entendendo que un tratamento eficaz desta problemática permite, non só garante o dereito constitucional que asiste a todo menor, senón tamén mellora a calidade de vida do sector infanto-xuvenil e traballa cara o seu futuro a medio e longo plazo. Esa coordinación interinstitucional amósase como unha ferramenta útil, sen que por isto se perdera a entidade de cada quen. As competencias están delimitadas, pero tódolos servizos educativos e sociais foron capaces de atopar puntos en común e traballar para os mesmos obxectivos. O peculiar estilo de facer no barrio de Fontiñas é capaz de conxugar á vez, elementos aparentemente contrarios, que na realidade son complementarios: carácter aperturista dos servizos/respecto ás competencias de cadaquén; rendibilización de recursos/non duplicidade; non burocratización da intervención/respecto á lexislación vixente.
O traballo en rede levado a cabo polas institucións educativas e sociais do barrio arroxou resultados positivos na intervención (diminución da taxa de prevalenza da problemática, non existencia de menores desescolarizados, etc.). Pero estes resultados van mais alá se se realiza unha prospección no tempo: téntase traballar o nivel formativo, para favorecer a autonomía das persoas, mellorando a súa capacidade de inserción socio-laboral.
Documentación relacionada