Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
20/06/12

BECAS ESCOLARES

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude de Axudas para a adquisición de libros de texto e material didáctico para o alumnado de educación primaria, ESO ou educación especial (Xunta de Galicia).

Foron convocadas axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/2013. Mais información na Orde do 30 de maio de 2012 (DOG nº 104, de 1 de xuño de 2012).

Lugar de presentación:
As solicitudes entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.

Prazo de solicitude:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de ESO, segundo cando formalice a matrícula: no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive. No prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen antes matriculadas nun centro sostido con fondos públicos de Galicia, o prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula e,en todo caso, a data límite será o 31 de marzo de 2013.

Para mais información dirixirse aos centros educativos.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2012.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)