Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
14/05/12

Axudas para a obtención do permiso de conducir a mozos entre 18 e 30 anos

No DOG do luns 14 de maio publícase a orde do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos.

Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos seguintes:
a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b) Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude.
c) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
d) Teñan a súa residencia en Galicia.
e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2,5 veces o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2012,
f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 de maio - 1 de setembro de 2012

Para maior información, consultar o documento que se achega.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)