Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
27/04/12

OBRADOIRO FAMILIA E ESCOLA

PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA


Desde o Programa Municipal de Intervención Socioeducativa vaise a desenvolver o OBRADOIRO DE FAMILIA E ESCOLA co obxecto de incrementar as competencias e destrezas das persoas participantes no coñecemento, uso e responsabilidades familiares dentro do Sistema Educativo.

A finalidade da formación é mellorar a autonomía das persoas incrementando as súas destrezas e competencias para o manexo e uso do sistema educativo.

O Obradoiro esta dirixido a persoas que participan no Programa Municipal de Intervención Socioeducativa así como Usuarias e usuarios dos Servizos Sociais Comunitarios que trala oportuna valoración dos técnicos consideren que se beneficien positivamente da participación nesta acción formativa.

O Obradoiro consta inicialmente de tres sesións no mes de marzo e unha final, pendente por determinar, as cales se estructuran da seguinte forma:


1ª Sesión: ANPA : funcionamento e fins. ( Psicologo da UMAD: Jorge Carballido )

2ª Sesión: Os Departamentos de orientación, funcionamento e fins. (Maria Paz Torres; Orientadora Centro de Educación Infantil y Primaria de Fontiñas )

3ª Sesión: Dereitos e deberes, consecuencias na practica. ( Licenciada en dereito do equipo Urbana Norte )

4ª Sesión: Cambios no sistema educativo, implicación prácticas. (Conchi Rozas; Orientadora do colexio Doña Enma – San Pelayo). Sesión que será confirmada unha vez sexan aprobadas as reformas dos sistema educativo.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)