11/03/12
Programa CAMPAÑA VERÁN
A Xunta de Galicia procede á covocatoria do Programa CAMPAÑA VERAN.
Obxecto:
Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.
Participantes:
Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade.
Prazo de solicitude:
Ata o 20 de marzo de 2012.
Para mais información poden acudir ao dispositivo de Primeira Atención dos Servizos Sociais Comunitarios (sito no CSS en Isaac Díaz Pardo, nº 2-4), solicitar cita coa UTS de referencia, segundo o domicilio do potencial beneficiario (tfno 981-54.24.65.) ou ben poñerse en contacto co teléfono social da Xunta de Galicia: 900 – 333.666.
Tramitación electrónica: A través da aplicación informática establecida no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2012.
Documentación relacionada