11/03/12
ESTADIAS EN RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE
A Conselleria de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) convoca, para o ano 2012, as ESTADIAS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE de Panxón – Nigrán (Pontevedra) e Carballiño (Ourense).
Persoas destinatarias:
* Persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
* Galegos residentes no exterior.
Documentación:
* Solicitude
* Fotocopia do DNI da persoa solicitante, so no caso de non dar o consentimento expreso na solicitude para que a Consellería de Traballo e Benestar comprobe telemáticamente os seus datos de identidade.
* Acreditación da discapacidade, de ser o caso.
* Fotocopia do libro de familia, no caso de solicitantes da quenda de familias numerosas.
Prazo de presentación: Ata o 31 de marzo de 2012
Para mais información poden acudir ao dispositivo de Primeira Atención dos Servizos Sociais Comunitarios (sito no CSS en Isaac Díaz Pardo, nº 2-4), solicitar cita coa UTS de referencia, segundo o domicilio do potencial beneficiario (tfno 981-54.24.65.) ou ben poñerse en contacto co teléfono social da Xunta de Galicia: 900 – 333.666.
Tramitación electrónica: https://sede.xunta.es
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2012.[/b]
Documentación relacionada