Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
24/01/12

CONVOCATORIA PROBAS GALEGO

Probas oficiais para acreditar os coñecementos de lingua galega (CELGA) para este ano 2012 convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Como anexo a este correo pode atopar o texto completo da convocatoria e a folla de solicitude.

Lembramos, asemade, que ata finais deste mes de xaneiro está aberta tamén a convocatoria de cursos presenciais.

PERSOAS DESTINATARIAS
Maiores de 16 anos

PRAZO DE INSCRICIÓN
Ata o 3 de abril de 2012

DATAS DAS PROBAS EN SANTIAGO
-Celga 1: 10 de xuño de 2012
-Celga 2: 3 de xuño de 2012
-Celga 3: 9 de xuño de 2012
-Celga 4: 2 de xuño de 2012

LUGARES DOS EXAMES
Prevese que haberá exames de todos os niveis en Compostela pero, por agora, non están fixados os lugares exactos. Comunicaranllos ás persoas admitidas.

TAXA
15,61 €

Convocatoria publicada no DOG do 17/1/2012.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)