23/01/12
SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DE FOMENTO DA INCLUSIÓN SOCIAL E INTEGRACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO
Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.(DOG nº 12 do 23/01/2012)
Obxecto:
Subvencionar a realización de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.
Solicitantes e requisitos:
As entidades de iniciativa social que cumpran os seguintes requisitos:
1. Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
2. Carecer de fins de lucro.
3. Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na comunidade autónoma.
4. Non atoparse nalgunha das situacións establecidas números 2º e 3º do art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Programas e actuacións subvencionables:
a.Actuacións que permitan a adquisición e desenvolvemento das habilidades sociais e hábitos prelaborais para dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais (mellora de aptitudes básicas, desenvolvemento persoal, técnicas de busca de emprego, etc.).
b.Actuacións de formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades dos colectivos en situación de exclusión social que permitan mellorar a súa cualificación socioprofesional.
c.Programas integrais de base comunitaria en zonas rurais que favorezan a inclusión social e laboral de persoas mozas, mulleres e colectivos con dificultades de inserción.
d.Programas integrais de base comunitaria en barrios urbanos que desenvolvan accións preventivas, de intervención, seguimento e titorización para persoas en situación ou risco de exclusión social.
e.Actuacións de acompañamento social, que consistirán na posta á disposición dos usuarios de servizos de apoio persoal e/ou familiar que faciliten o axeitado desenvolvemento de itinerarios de inserción socio laboral.
Prazo de presentación:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria. Ata o 23 de febreiro de 2012.
Documentación relacionada