Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
09/01/12

CONVOCATORIA. ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

Publícase no DOG do 9 de xaneiro a convocatoria do procedemento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais:

- CM xestión administrativa
- CM instalacións eléctricas e automáticas
- CM instalacións de telecomunicacións
- CS eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
- CM soldadura e caldeiraría
- CM cociña e gastronomía
- CM servizos en restauración
- CS xestión de aloxamentos turísticos
- CM aceites de oliva e viños
- CM Carpintaría e moble
- CS Laboratorio de análise e control de calidade
- CM Emerxencias sanitarias
- CM Farmacia e parafarmacia
- CS Educación infantil
- CM Confección e moda
- CM Electromecánica de vehículos automóbiles

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.

Achégase copia da orde de convocatoria.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)