23/12/11
SERVIZO DE TERMALISMO SOCIAL.
Infórmase da apertura de plazo para o Servizo de Termalismo Social do IMSERSO.
Requisitos das/dos solicitantes:
1. Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
2. Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
4. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
5. Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
o Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
o Situación económica dos solicitantes.
o Idade dos solicitantes.
o Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
o Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
o Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
O/A solicitante poderá ir acompañado do seu cónxuxe ou da persoa con quen conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obriga de percibir pensión da Seguridade Social.
Documentación:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2011, deberá formalizar nova solicitude e informe médico. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Prazo de presentación:
Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive):
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de xaneiro de 2012.
• Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 16 de maio de 2012.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive):
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de maio de 2012.
• Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2012.
Para mais información poden acudir, sen previa cita, ao servizo de PRIMEIRA ATENCIÓN (sito no Centro Municipal de Servizos Sociais, na rúa Isaac Diaz Pardo, nº 2-4) ou solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario. Tamén poden ampliar a información no teléfono social 900 333 666.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2011.
Documentación relacionada