16/11/11
XUNTOS POLO NADAL 2011
A Conselleria de Traballo e Benestar, a través dunha circular interna da Secretaría Xeral de Política Social, informa da apertura do plazo para o Programa XUNTOS POLO NADAL.
Obxecto:
Dado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuidas da seguinte:
1. Residenciade Tempo Libre do Carballiño: 60 prazas para a provincia da Coruña e 60 prazas para a provincia de Pontevedra
2. Residencia de Tempo Libre de Panxón: 60 prazas para a provincia de Ourense e 60 prazas para a provincia de Lugo.
O Programa contempla o aloxamento , en habitacións dobres e manutención en réxime de pensión completa, durante 10 dias (9 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.
A saída desde os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 1 de xaneiro de 2012 despois do xantar.
Datas:
Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2011 e o 1 de xaneiro de 2012.
Requisitos:
• Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista
• Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
• Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia.
• Non estar acollido/a en ningún centro residencial
• Ter un nivel de ingresos económicos baixo
• Ter que pasar só/soa as datas de Nadal.
Prazo de presentación
Ata o 30 de novembro de 2011
Información complementaria
Os/as solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuita ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadia coa achega de 50 €
Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.
Tamén poden ampliar a información no teléfono social 900 333 666. ou na web da Consellería de Traballo e Benestar: http://benestar.xunta.es
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2011.
Documentación relacionada