Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
05/09/11

CONVOCATORIA PROBAS COMPETENCIAS CLAVE

No DOG do luns 5 de setembro publicase a Resolución do 22 de agosto de 2011 da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións dentro da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse probas dos niveis 2 e 3 nas seguintes competencias:
- Comunicación en lingua galega
- Comunicación en lingua castelá
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
- Competencia matemática
- Competencias en ciencia
- Competencia en tecnoloxía
- Competencia dixital

Prazo para presentar as solicitudes: ata o 28 de setembro (modelo solicitude anexo I)

Realización das probas: No recinto feiral de Silleda os días 29 de outubro e 5 de novembro de 2011 (horario das probas anexo II)

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)