Novas

Cruz Vermella
24/08/11

PROGRAMA MULLER CREATIVA EN CRUZ VERMELLA SANTIAGO

En Setembro volve o programa de ocio e entretenemento dirixido a mulleres inmigrantes en Cruz Vermella: MULLER CREATIVA! o seu horario será os luns de 16.30-19h.

Este programa ten como obxetivo coñecer os recursos da cidade, a cultura galega, a automotivación e potenciar a autoestima e creación de grupo.

As actividades que se van realizar son: visitas culturais, excursións, talleres de autoexpresión, de manualidades, de relaxación, videoforums....

As mulleres que queiran participar deben inscribirse en Cruz Vermella Santiago de Compostela (Avda. Lugo s/n)

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)