Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
17/08/11

CHEQUE INFANTIL

Normativa reguladora:
Orde do 18 de xullo de 2011, pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos adheridas ao Programa de cheque infantil e se procede á súa convocatoria (DOG nº 141 do 22/07/2011).

Obxecto:
Conceder axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

Requisitos das persoas beneficiarias:
 Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2008. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
 Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
 Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere 1.000 euros.

As/os solicitantes de nova adxudicación deberán acreditar, ademáis, os seguintes requisitos:
 Ter cumpridos a/o nena/o 3 meses na data de ingreso.
 Que existan prazas nos centros partícipes do programa para o grupo de idade solicitado no concello de residencia do beneficiario, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais ou titores legais.
 Ter presentada a solicitude e non obter praza nunha escola infantil 0-3 sostida con fondos públicos, quedando en lista de agarda.

Prazo de presentación:
Un mes a partir do seguinte á publicación da orde. Ata o 22 de agosto de 2011.
Excepcionalmente, poderanse presentar solicitudes fóra deste prazo cando se produza algunha seguintes circunstancias:
a. Nacemento da/do nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
b. Fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
c. Cambio de concello de residencia da unidade familiar ou outras circunstancias que motivadamente aprecien os departamentos territoriais correspondentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Para mais información:
Poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.
No teléfono social: 900-333.666.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2011.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)