Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
13/06/11

CONVOCATORIA CURSOS DE FORMACIÓN SECTOR HOSTELEIRO DESTINADOS A PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS E INMIGRANTES

A Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA) ten previsto o inicio en vindeiras datas de diversos cursos de formación destinados a persoas emigrantes retornadas e inmigrantes. Inclúen prácticas en empresas.

Os requisitos para participar son:
Ser inmigrante ou emigrante retornado.
Cubrir a ficha de inscripción (obrigatorio cubrir todos os campos), e acompañala de:
  • Permiso de traballo (actualizado).

  • Fotocopia de DNI ou NIE .

  • Certificado de ter permiso de traballo.
Os cursos previstos e as características dos mesmos son:
  • CURSO DE COCIÑA: 150 HORAS (APROX. 19 DIAS, CON TEORIA E PRACTICAS)

  • CURSO DE RECEPCIONISTA : 100 HORAS (APROX. 13 DIAS CON TEORIA E PRACTICAS)

  • CURSO DE REPOSTERIA: 100 HORAS(APROX. 13 DIAS CON TEORIA E PRACTICAS)

  • CURSO DE CAMAREIRA DE ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS:100 HORAS(APROX. 13 DIAS CON TEORIA Y PRACTICAS)

Todos eles realizaránse en horario de 09:00 a 17:00 (farase un descanso para comer). O nº de prazas para cada un dos cursos é de 15. Inclúen unha beca diaria de 6 €.

Para máis información, contactar con Rocío Geremías no teléfono 981.65.00.08 ou no correo electrónico rocio.geremias@formaziona.es.

Achéganse como arquivos adxuntos a táboa de cursos e lugares de realización previstos, así como a folla de inscrición.

*** Estase a estudar a posibilidade de incluir compromiso de contratación, nunha porcentaxe todavía sen definir.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)