Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
27/05/11

VIAXANDOANDO POLO MUNDO

Viaxandoando polo Mundo! e un campamento urbano, promovido pola Concellaría de Cultura e Centros Sociocultuais e a Concellaría de Benestar Social do Concello de Santiago, orientado a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias e promovendo, entre outros, valores cívicos, de igualdade, ecolóxicos, de respecto pola natureza, de participación e traballo en grupo.

¿Onde vai ser?:

* Centro Sociocultural José Saramago de Vite.
* Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo.
* Centro Sociocultural das Fontiñas.

As actividades estenderanse aos parques e outros espazos da cidade.

Solicitude:

Periodo de preinscripción e entrega de documentación: do 30 de maio ao 7 de xuño do 2011, nos centros socioculturais.

Mais información:

* En calquera centro sociocultural do Concello de Santiago de Compostela.
* Nas UTS de zona (pertencentes aos Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela).
* E tamén en:
www.santiagosociocultural.org
viveoveran@santiagodecompostela.org

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)