Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
27/05/11

PROGRAMA VACACIONS MAIORES IMSERSO

O IMSERSO abre o prazo de convocatoria para solicitar o Programa de vacacións para persoas maiores

Requisitos:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
• Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
• Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
• Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
• Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
• Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

Modalidades:
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2011 e xuño de 2012, segundo a modalidade:
• Estadías en zonas costeiras.
• Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
• Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
• Intercambio con outros países.

Servizos incluídos:
• Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
• Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
• Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
• Programa de animación
• Póliza colectiva de seguros
Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

Prazo de solicitude:
Ata o 28 de xuño de 2011. Non obstante o prazo manterase aberto ata o día 1 de decembro de 2010 para aquelas persoas que non formularan no seu momento a súa solicitude. Neste caso non haberá baremación e será acreditado para cubrir as posibles vacantes que poideran producirse.

Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.
Tamén poden ampliar a información no teléfono social 900 333 666.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2011.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)