09/05/11
Campamentos de Veran para persoas con discapacidade
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude de Campamentos de Verán para persoas con discapacidade (Xunta de Galicia).
Requisitos:
* Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33%.
* Ter unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada un dos destinos e quendas, que figuran no folleto.
* Que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Modalidades e prezos:
Campamentos: Quendas integración e quendas específicas.
Prezos: desde 72 € ata 180 €, dependendo do tipo de quenda de integración e 120 € para as quendas específicas.
Os membros dunha familia que teña o título de familia numerosa terán un desconto de 50% sobre os prezos.
Documentación:
* Solicitude para os Campamentos de verán 2011 (por triplicado)
* Informe médico para os Campamentos de verán 2011
* Fotocopia da cartilla de Asistencia Sanitaria
* Unha fotografía tamaño carné.
Prazo de solicitude: Ata o 20 de maio de 2011.
Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.
Tamén poden ampliar a información no teléfono social 900 333 666.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2011.
Documentación relacionada