Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
03/05/11

BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

As Concellarías de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela convocan as bolsas de comedor para o alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obligatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2011-2012.

Requisitos das solicitantes: As familias beneficiarias deberan cumprir os seguintes requisitos:

• Estar empradoadas e residir no Concello de Santiago de Compostela.
• Convivir co/a menor ou menores para os que se solicita a bolsa.
• Estar matriculado/a ou ter reserva de matricula para o curso 2011/2012.
• Contar con praza de comedor o/a menor ou menores, para os que se solicita a bolsa, de non ser asi ainda que sexa concedida a axuda non se fara efectiva.
• Non superar a renda per capita maxima establecida nesta convocatoria.
• Autorizar ao Concello de Santiago para ingresar o importe das bolsas que, no seu caso, sexan concedidas na conta bancaria da entidade colaboradora correspondente.
• Presentar a solicitude e documentacion no prazo establecido nestas bases.
• Acadar a puntuacion minima establecida no baremo para o acceso ao servizo de comedor escolar.
• No caso de ter sido beneficiaria de bolsa de comedor escolar durante o curso pasado, ter satisfeito mensualmente a achega economica que correspondia abonar.
• Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e sociais.
• Non estar incursa en ningunha das prohibicions establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencions.

Solicitudes:

As solicitudes formalizaranse segundo modelo normalizado e que estara a disposicion das persoas interesadas na Concellaria de Benestar Social, na Oficina de Atencion ao Cidadan e na paxina web do Concello www.santiagodecompostela.org e presentaranse no Rexistro Xeral, rua Presidente Salvador Allende, 2-4 ou nos Rexistros Auxiliares dos Centros Socioculturais do Ensanche e As Fontinas, asi como nos organos sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xuridico das administracions publicas e do procedemento administrativo comun, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Prazo de solicitude:

As solicitudes presentaranse, no prazo de 15 dias habiles, contados a partir do seguinte a publicacion da convocatoria no Boletin Oficial da Provincia (2 de maio de 2011).

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)