Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
28/04/11

Conferencia D. Emilio Calatayud Xuíz de menores de Granada

O vindeiro día 6 de maio terá lugar no Centro Sociocultural de Caixa Galicia, a conferencia do xuíz de menores de Granada D. Emilio Calatayud.
O centro esta sito na Carreira do Conde- nº18- Santiago de Compostela e terá lugar as 20:00 horas do serán. A entrada é de balde.
O evento está organizado polo Colexio Oficial de Farmacéutico da provincia de A Coruña.
Pero , quen é o xuiz D. Emilio Calatayud ?
Emilio Calatayud Pérez (Ciudad Real, 22 de decembro de 1955), é licenciado en ICADE e en Dereito pola Universidade de Granada. Tras terminar a carreira exerce como avogado na súa ciudade natal ata que en 1980 ingresa na carreira xudicial, sendo destinado a Tenerife. De 1981 a 1984 exerce como profesor adxunto de Dereito Penal na Universidad da Laguna ata que é destinado a Granada para desempeñar nos xulgados de Distrito nº3, Xulgado de 1ª Instancia nº4 e Xulgado de Instrucción nº4. Xa en Granada, exerce tamén de profesor asociado na súa universidade de 1985 a 1994 na materia de Dereito Procesal. Comenza a súa especialización en Xuíz de Menores en 1988, exercendo dito cargo ata o momento.

E famoso polas sentenzas curiosas, exemplares e baseadas na educación máis que no mero castigo. Exemplos delas poden ser:

- Para un mozo que circulaba borracho, visitar durante un día enteiro a parapléxicos, falar con eles e as suas familias para elaborar mais tarde unha redacción.

- 100 horas de servizo a comunidad patrullando xunto cun policía local por conducir temerariamente e sin permiso.

- Traballar cos bombeiros por haber queimado papeleiras.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)