Novas

19/02/10

Xornada formativa para técnicos da Rede de Inserción Sociolaboral

Co fin de presentar e amosar o funcionamento da páxina web Compostela Integra, terá lugar unha xornada formativa o vindeiro mércores 24 de febreiro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na que participarán técnicos das entidades pertencentes á Rede de Inserción Sociolaboral de Santiago de Compostela.

O proxecto da páxina web foi unha demanda xurdida das diferentes entidades de iniciativa social conformantes da Rede, vista a necesidade da creación dun espazo permanente de intercambio de información, que permitise o mantemento de contacto e o intercambio de inquedanzas, proxectos, recursos e actividades, dun xeito áxil e constante.

A xornada formativa estrutúrase en dúas quendas co fin de lograr unha maior axilidade, participando 16 técnicos en cada unha de elas.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)