Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
05/04/11

CONVOCATORIA E BASES DE SUBVENCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS INTEGRAIS DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL A TRAVÉS DA INICIATIVA URBANA NORTE PARA O ANO 2011

Hoxe 5 de abril publicase no BOP número 65 as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a realización de programas integrais de inserción sociolaboral dirixidas a entidades sociais e Ong´s para o ano 2011, contempladas dentro do programa iniciativa urbana Santiago Norte.

O prazo de presentación das solicitudes e de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Fin prazo: 25 de abril de 2011.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello situado na rúa Presidente Salvador Allende, nº 4 baixo, ou nos rexistros auxiliares creados ao efecto (Centro Sociocultural do Ensanche situado na rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo e no Centro Sociocultural de Fontiñas situado na rúa Berlín, 13), así como por calquera outro medio establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As Bases e o modelo oficial de solicitudes, independentemente da súa publicación no BOP, estarán a disposición de todas as entidades interesadas, na sede municipal de servizos sociais, sita na rúa Isaac Díaz Pardo, 4 (zona Galeras), así como na páxina web do Concello de Santiago de Compostela (www.santiagodecompostela.org) e como documentos adxuntos neste anuncio:
- Bop Provincia da Coruñanº65: páxinas 193 a 206
- Bases reguladoras
- Anexo I: Solicitude

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)