Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
28/03/11

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA. AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS.

Publícase no DOG do 28 de marzo a convocatoria do procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación desta resolución.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)