Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
25/03/11

CONVOCATORIA DE PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Publícase no DOG do 25 de Marzo a convocatoria do procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

As unidades de competencia a avaliar se corresponden aos seguintes Ciclos Medio e Superior:

- CM Carrozararía
- CM Cociña e gastronomía
- CM emerxencias sanitarias
- CM Farmacia e Parafarmacia
- CM Instalacións eléctricas e automáticas
- CM Servizos de restauración
- CM Soldadura e Calderería
- CS Educación Infantil

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)