Novas

IGAXES 3. Instituto Galego de Xestión para o terceiro Sector
24/03/11

Igaxes3 imparte un curso para a mellora de aptitudes na entrevista de traballo

O Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3) ten aberto o prazo de inscrición no Curso de Habilidades Sociais orientado á entrevista de traballo, destinado a persoas maiores de 16 anos que residan en Santiago de Compostela e se atopen en situación de busca activa de emprego.

As actividades de inserción que promove Igaxes3 teñen o obxectivo principal de apoiar as persoas participantes nos seus procesos de busca de emprego. A entidade deseña as súas actuacións co obxectivo de que elas sexan en todo momento protagonistas activos do proceso e adquiran plena independencia na toma de decisións sobre as súas vidas.

Entre estas actividades figuran os cursos de formación e procura de emprego. Durante os mesmos, o equipo técnico elabora un seguimento de cada participante nas accións formativas e nos procesos de busca, facendo unha valoración permanente da mellora da situación de empregabilidade.

Este novo Curso de Capacitación en Habilidades Sociais, orientado a mellorar a preparación e aptitudes da persoa ante unha entrevista de traballo, impartirase na sede social de Igaxes3 (Rúa da Muíña, 24 – barrio de San Lázaro) durante tres xoves consecutivos en sesións de mañá: o 31 de marzo e os días 7 e 14 de abril, en horario de 11h a 13h.

Calquera persoa interesada pode inscribirse ata o mércores 30 de marzo chamando ao 618 376 874 ou o 981 561 169, ou ben enviando un correo electrónico a ana.martinez@igaxes.org.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)